xoves, 23 de xullo de 2015

I CONGRESO DO COLECTIVO ESTUDANTIL LIBERTARIO

Ante a necesidade de construir un proxecto político basándonos no asemblearismo, na autoxestión, na solidariedade, no apoio mutuo, no federalismo, no internacionalismo ...; desarroianse estas xornadas do 25-26-27 de Xullo en Santiago de Compostela no CSA DO SAR:

Estades todas convidadas á construcción deste novo proxecto libertario!

AVANTE AS QUE LOITAN!

domingo, 28 de xuño de 2015

Palestra e Concentración o 1 de Xullo contra a "LEI MORDAZA"

Dende CEL-FEL Vigo chamamos a participar na concentración e palestra que terán lugar o día 1 de Xullo contra a Lei Mordaza, saíde á rúa e que vexan que non nos amedrentan!

Canto maior sexa a súa represión, maior será a nosa resposta!

Partillamos diferente info referente ao corte de liberdades e sancións que suporá dita Lei:
  1. Resumo Grafico sancións
  2. Guía Protesta
  3. Documentación Lei Mordaza
ORGANÍZATE E LOITA!

sábado, 16 de maio de 2015

Comunicado

Dende o CEL-FEL queremos manifestar o noso descoñecemento das agresións das que se nos acusa no comunicado difundido nesta web:
https://fueramachistasdelmovimientolibertario.wordpress.com/2015/05/11/comunicado-a-raiz-de-las-agresiones-sufridas-por-miembros-de-fel/ , exceptuando a primeira delas ,que xa foi tratada como se amosa no informe adxunto de FEL-ZGZ. Ante a falta de información destes feitos , non puidemos actuar como esta previsto coa expulsión inmediata do agresor e o trato do tema nunha comisión non mixta. Consideramos que o comunidado onde se verten estas acusacións non teñen ningunha intención de protexer as compañeiras ao non nomear ao agresor, impedindo entón que poidamos actuar fronte a isto. Estes feitos tampouco se comunicaron por ningunha canle interna para pór en marcha os mecanismos existentes para resolver iste tema e que as compañeiras da FEL teñamos a oportunidade de protexernos, polo que descoñecemos a intencionalidade da publicación directa do comunicado citado.

Galiza, 13 de maio de 2015.