luns, 29 de setembro de 2014

Concentración en Solidariedade con Emilio

Dende a Asemblea Local de Vigo do Colectivo Estudantil Libertario e o Sindicato de Oficios Varios da Confederación Nacional do Traballo de Vigo chamamos a concentrarse no MARCO o próximo venres 3 de Outubro, ás 20:00H. en solidariedade con Emilio, preso en FOLGA DE FAME INDEFINIDA en protesta polos malos tratos e torturas no cárcere de A Lama, Pontevedra.

Como el mesmo di:

SOMOS MOITXS XS RECLUSXS PERO MOI POUCXS XS CONCIENCIADXS!!!!
ATÉ A VITORIA!

sábado, 20 de setembro de 2014

Preso de A Lama en folga de fame indefinida

Emilio Sánchez del Peso leva máis dun més en folga de fame INDEFINIDA en protesta polos malos tratos e torturas no cárcere de A Lama, Pontevedra.

Emilio púxose en folga de fame o 14 de agosto de 2014 en protesta polos malos tratos e torturas que están a recibir xs presxs no Búnker, o módulo de illamento. Emilio é un preso común, integrante da Campaña Cárcere=Tortura, ao que lle queda menos de 2 anos e medio para saír en liberdade total despois de máis de 10 anos de presidio, pero a súa vontade loitadora fixo que nunca tivera permisos e que nunca fora progresado a 2º grao. Sen embargo, si que pasou moitas veces polo illamento; a última vez que estivo no búnker foi pouco antes de morrer Gaviotu, fai 2 meses e medio, denunciando aquela vez o que para el fora un asasinato. 

Farto de ver e padecer a brutalidade do sistema penitenciario e despois de ser sancionado e comprobar as torturas que neses mesmos días lles estaban a aplicar a outrxs presxs, decidíu esta radical e última forma de protesta: A FOLGA DE FAME INDEFINIDA!!

Os obxectivos desta acción son:

  1. Deixar claro que segue habendo presxs que loitan pese ás dificultades extremas e á represión brutal á que se enfrontan.
  2. Aportar, unha vez máis, un exemplo claro de loita que poida ser aproveitado polxs activistas dos dereitos humanos e a poboación activa en xeral, para difundir e visibilizar as condicións lamentables en que se atopa a poboación reclusa.
  3. Aportar o seu gran de área ao debate das novas accións a realizar polxs presxs conscientes, como pequeno empurrón á campaña contra os tratos degradantes, malia saber que esta acción non é a única forma nin a máis idónea.
  4. Visibilizar ante os medios de información e ante as institucións públicas que deberían velar polos dereitos das personas en internamento pechado, a realidade de malos tratos e indefensión xurídica e social dentro das prisións.

Con este acto denuncia:

  •  As torturas e malos tratos habituais, sobre todo en illamento.
  •  A connivencia do servizo sanitario ante as torturas e malos tratos, así como a pouca humanidade dalgúns traballadores sanitarios.
  •  A inactividade do Xulgado de Vixilancia Penitenciaria na defensa e garantía dos dereitos das persoas presas.
  •  A pasividade das institucións públicas ante os atropelos aos dereitos dxs presxs,
  •  A ineficacia das denuncias de torturas que son constantemente arquivadas.
  •  A inexistencia de tratamento penitenciario, actividades, ximnasio, traballo, etc., sobre todo en módulos pechados....
  •  As sancións encubertas (deixarte sen as túas cousas, saír só ao patio, non procurarche menciñas, etc....).
  • As coaccións ilegais como a intervención sistemática do correo, incomunicar á/ao presx coa súa contorna social, as continuas ameazas dos carcereiros con sancións ou a dificultade para obter beneficios penitenciarios.
  • O mantemento de grao perpetuo.
  • O alongamento de condeas e a cadea perpetua encuberta.
  • O elevado número de mortes nos cárceres.
  • A represión cara a todxs aquelxs que denuncian as inxustizas e vulneracións de dereitos dentro dos cárceres.
  • A explotación laboral.
  • O silencio mediático, etc. etc….

O tempo apremia!! O compañeiro xa leva máis dun mes en folga, está débil e illado e calquera mostra de solidariedade e ánimo é moi importante. Se se fai calquera acción, por favor documentádea e achegádea a el directamente ou ao seu grupo de apoio a través do enderezo electrónico: gzsolidaria@riseup.net. Anima a todas as persoas que loitan contra a sociedade autoritaria que padecemos e reivindica a súa acción de protesta inserta nas demais loitas sociais.

Dende o grupo de apoio Galiza Sur Cárcere=Tortura queremos facer un chamamento a que se apoie esta acción de protesta con máis accións, dende a autonomía e as posibilidades de cada quen. Estade atentxs ás vindeiras convocatorias e ao momento no que o trasladen ao hospital. Ademais, hai que facerlle ver á dirección do cárcere de A Lama que non está só, polo que pedimos se envíen o máximo número de cartas coa palabra “ÁNIMO”.

Emilio Sánchez del Peso C.P. A Lama Monte Racelo s/n 36830 A Lama (Pontevedra)

Como el mesmo di:

SOMOS MOITXS XS RECLUSXS PERO MOI POUCXS XS CONCIENCIADXS!!!!
ATÉ A VITORIA!

gzsolidaria@riseup.net , noestansolxs@gmail.com