Hoxe, dende o CEL Vigo acudimos á xornada de mobilización convocada polo "MOVEMENTO ESTUDANTIL INDEPENDENTE" ás 12:00H na farola.
Alí, tras berrar algunhas consignas e incitar a que o estudantado se autoorganizara, logo decidimos entre todas as asistentes á concentración, a acudir polas rúas ate a Xunta; coa intención de amosar o rexeitamento do estudantado á LOMCE, pero no camiño as forzas opresoras interrumpéronos o paso. Tras isto, fíxose unha asemblea aberta e se decidiu disolver a mobilización de cara a voltar a organizarnos pra tentar despistar as forzas opresoras e así achegarnos ao punto decidido anteriormente, a Xunta.
A falta de coordinación motivou que varias estudantes foran identificadas e que finalmente, o estudantado, decidira quedar mañá ás 12:00H na Praza dos Cabalos de Vigo para facer unha asemblea e concentración estudantil (hai que matizar que CEL non convoca nada, senón que é o propio estudantado o que a convocou)
Tamén dicir que a iso das 14:15H, varias compañeiras do CEL Vigo foron identificadas, increpadas e sufriron abuso físico por parte das forzas de seguridade do Estado, e que unha delas foi trasladada ás dependencias policiais.
Todo isto aconteceu cando se ía pola rúa de cara almozar e duas leiteiras pecharonos o paso.
A compañeira tras permanecer incomunicada ao longo dunha hora e media, foi obrigada a firmar unha autoría duns feitos que non son certos aos comentarios de: "Venga firma ya, joder, y nos vamos de una puta vez", "Podrías estar en casa viendo The Simpson" .
Dende o CEL Vigo chamamos a secundar a convocatoria de maña ás 12:00H, na Praza dos Cabalos, para facer unha asemblea aberta e fomentar a autoorganización do estudantado, dende as bases e de forma horizontal. Sendo unha resposta a convocatoria do SdE (Sindicato de Farsantes) e amosando que ó estudantado é capaz de organizarse, tomar decisións, sen vangardas que tentan copar o movemento estudantil e facelo de seu!.
O ESTUDANTADO É O QUE DECIDE!
NÓS SOMOS A REVOLUCIÓN E NON OS DAS SUBVENCIÓNS!
POLA AUTOXESTIÓN DA EDUCACIÓN!