sábado, 15 de novembro de 2014

Charla Presentación do Colectivo Estudantil Libertario

O vindeiro venres día 21 de Novembro o CEL-Vigo realizará unha charla presentación no café De Catro A Catro, na R\ Gerona 16, en Vigo. Agardámosvos!

ORGANIZAR, CONSTRUIR, MOVEMENTO ESTUDANTIL!

domingo, 9 de novembro de 2014

Concentración en Solidareidade co pobo kurdo e o Confederalismo Democrático

Dende o CEL-Vigo queremos dar eco á celebración da concentración que Mar de Lumes convoca para a vindeira cuarta-feira no MARCO, ás 20H. en solidariedade co pobo kurdo e o Confederalismo Democrático.


sábado, 8 de novembro de 2014

Asemblea Aberta para a Autoorganización do Estudantado #14NSantaIrene

O pasado venres 24 de Outubro, dende o CEL chamamos a celebración dunha Charla-Asemblea coa seguinte orde do día:

-Valoración das xornadas da folga
-Decidir como organizar o movemento estudantil de forma asemblearia, horizontal e aberta sen sindicatos.
-Acordar novas datas para mobilizacións.

Entre as asistentes, tras debatilo, acordamos que a mellor maneira para organizar un movemento estudantil a nivel local era a creación dunha "asemblea aberta" e fomentar a autoorganización do estudantado mediante esta asemblea. 

Así mesmo, as compañeiras que estamos en organizacións estudantis acordamos trasladar esta iniciativa as propias organizacións así como ao resto de colectivos locais, coa finalidade de que participe neste proxecto o estudantado que xa esta activo.

Dicir que unha "asemblea aberta" é un espazo/forma de traballar na cal cada quen vai na súa propia representación individual, non como representación dun colectivo. Nela se expoñen as propias ideas e se decide actuar como estudantado, non como organización. Desta forma é o propio estudantado o que se organiza, decide e actua, e non unha vangarda ou organización a que fai de pastor do resto do estudantado.

Na mesma acordouse que se celebraría a primeira asemblea na primeira quincena do mes de Novembro. 

Seguindo o acordado, convocamos unha Asemblea Aberta para este vindeiro venres 14 de Novembro, tendo como lugar de encontro a porta do I.E.S. Santa Irene ás 16:30H.

Unión do movemento estudantil, sen vangardas, sen oportunistas! 
Unidas, organizadas, combativas!

Aclaración sobre o contra-manifestación do día 23 de Outubro

Vimos a necesidade de publicar esta entrada polas dúbidas, mentiras e mala información ao respecto da nosa asistencia na contra-manifestación do SE e CCOO. 

Temos a necesidade de aclarar que nos acudimos o día 23 en resposta ao rexeitamento que nos provoca uns colectivos, fillos do Estado, pola súa falta de implicación, unión, respaldo e verdadeiro apoio ao estudantado. 

Algúns medios de información encargáronse de difundir a mensaxe errónea de unión, con respecto aos colectivos citados anteriormente, cando nos nosos cartaces víase claramente o noso rexeitamento cara eles. Tamén  chamábamos ao estudantado a organización, a loita e a creación dunha ensinanza  libre e autoxestionada . 

Despois duns minutos dunha calmada concentración na farola, decidimos acudir a manifestación enfronte do Marco, tamén como estudantado, onde se pedía o indulto dos presos Carlos e Serafín. 

Nos non iamos en apoio ao BNG nese acto, senón como dixen antes, como estudantado. Tamén temos que dicir que como anarquistas obviamente queremos a liberación das persoas presas, non só das independentistas ou políticos, senón de TODXS.