sábado, 24 de xaneiro de 2015

Construir movemento estudantil, PREPARANDO A INDEFINIDA! #26F

O sector educativo está a sufrir os efectos das políticas neoliberais, as cales pretenden privatizar e mercantilizar a educación. Isto débese á vontade das clases privilexiadas de obter máis beneficios así como de perfeccionar a labor de adoutrinamento ideolóxico para manter a súa orde social.
A LOMCE é un claro exemplo destas prácticas, xa que, entre outras medidas, pretende:
• Privatizar: ao permitir que a educación privada e concertada pasen e poder a atender a demanda social.
• Dogmatizar: xa que beneficia ás persoas propietarias dos centros educativos privados, a maioría deles en mans da Igrexa.
• Centralizar: ao aumentar a porcentaxe dos contidos comúns que deben impartirse en todo o Estado así como ao relegar ao galego a un segundo plano e financiar a centros privados que promovan a ensinanza en castelán.
• Verticalizar: ao aumentar a autoridade da figura do director a vez que este pasa a ser elixido pola administración.
• Mercantilizar: ao introducir coma obxectivos da educación o “desenvolvemento do espírito emprendedor” poñendo ao empresariado e ao capital como modelo e obxectivo a seguir.
• Segregar por sexos: ao permitir que os centros nos que se divide ao alumnado por sexos poidan ser concertados.

Non é que ata o de agora o sistema educativo que tiveramos fóra perfecto ni moito menos. Este, dende que somos cativos, agrúpanos por idades, como se este fora o factor máis importante, e nos meten nas escolas durante todo o día. Nelas o corpo docente ten un prazo de tempo no cal, a súa misión é introducir uns determinados conceptos nas nosas mentes.
Pasado ese tempo elabóranse unhas probas denominadas exames, nas cales mediante un sistema de calificación estipulan se tes esos coñecementos e en que grao os adquiriches. Se non pasas esas probas mándanche repetir curso para tentar de novo que adquiras esos coñecementos. Polo contrario, se se conseguiu o seu obxetivo mándanche a un novo curso e así sucesivamente. Desta forma vaise otorgando ao alumnado os coñecementos considerados básicos polo goberno de turno.
Dende o CEL opómonos a este modelo educativo e consideramos que a educación ten que ser antidogmática, antiautoritaria, integral e autoxestionada, é dicir, libertaria. Pero para acadar este obxetivo o primeiro paso é oporse ás leis que tentan empeorar a situación actual.
Aquela que pensé que a base de folgas estudantis de 1-2-3 días, imos conseguir algo, esta moi alonxado da realidade.
Unha folga non é un acontecemento festivo, é unha resposta á unha agresión. Faltar a clase é unha forma de defenderse contra os ataques do Estado ao (descredictar; non sei se esta é a verba axeitada) a súa autoridade. Pero dado que o Estado precisa do Capital para manter a súas existencias, e polo tanto atacar ao Capital é atacar un dos piares máis importantes de calquera Estado.
Se queremos ter éxito e facer de verdade unha folga non se pode sair a dar un paseo un día, ou varios, pola rúa e despois pasar o resto deses días xogando a consola ou calquera outra carallada. Hai que interferir na actividade productiva, hai que estar na rúa demostrando que para nós isto non é un xogo.
Entendida a folga deste xeito, esta non se pode impor, nin dende Madrid, nin dende Compostela, nin calquera outro sitio. Está precisa nacer dos centros de ensino, das asembleas de cada escola, instituto e facultade. Ten que ser o propio estudantado, dende as bases, o que chame á folga. Entón, esta, non será dun día ou 2 ou 3, senón que será indefinida e polo tanto, útil.
Tamén destacar a pretensión de impor no ámbito universitario á EU2015 destacando o proceso polo cal o Ministerio de Educacióna pretende a aprobación do novo proxecto de Real Decreto que modificará as estruturas das Universidades Públicas do Estado.

Con esta nova reforma, as titulacións de Grado no Estado Español reduciranse a 3 anos, ampliándose a duración dos másters a 2. Supoñendo unha reducción en canto a contidos e coñecementos e mailo incremento aínda máis abusivo da matricula nestes estudos.

Por estes e máis motivos chamamos á autoorganización estudantil! Pola organización estudantil en asembleas abertas! Sen vangardas nin copadores do movemento estudantil!
Por unha educación xestionada por docentes e estudantes,
Pola autoxestión!!

Por unha educación antiautoritaria, non patriarcal, en galego!!
Construíndo a indefinida estudantil dende as bases da folga estudantil do 26 de Febreiro!


luns, 19 de xaneiro de 2015

Xantar Solidario en apoio as compañeiras sancionadas na pasada folga estudantil

O vindeiro sábado 24 de Xaneiro organizamos ás 14h un Xantar Solidario en apoio ás compañeiras sancionadas na pasada folga estudantil.

As numerosas multas chegáronnos dúas semanas despois de que varias compañeiras do CEL Vigo foran identificadas, increpadas e sufriran abuso físico por parte das forzas de seguridade do Estado, e que unha delas fora trasladada ás dependencias policiais na primeira xornada da pasada folga estudantil.

O Xantar Solidario constará dun 1º e 2º Pratos máis postre a razón de 3,50€. Este será no CSOA A Quinta Da Carmiña, situada na rúa do Carme, 1 (Entrada Lateral).

CONTRA A SÚA REPRESIÓN, A NOSA SOLIDARIEDADE!