Que é o CEL?

O Colectivo Estudantil Libertario (CEL) é unha organización estudantil, libertaria e revolucionaria que loita por unha educación libre e autoxestionada

Estudantil porque o ámbito de actuación é o mundo estudantil. Libertaria debido a que a forma de organizarnos e de funcionamento é horizontal, asembleario, federal, autoxestionado, antiautoritario e baseado no apoio mutuo e a cooperación. E revolucionaria xa que o noso obxectivo e a consecución da educación libertaria, entendendo que esta nun principio só se pode desenvolver totalmente nunha sociedade antiautoritaria. Por mor disto, o noso propósito é a construción do socialismo libertario, entendido como o socialismo que parte das bases organizadas e non dun Estado.

Así pois, como consideramos que os medios xustifican a fin, empregamos a acción directa como táctica a seguir. É dicir, defendemos a solución directa dos problemas polas partes interesadas. Deste modo rexeitamos a actividade das delegación de alumnos, claustros, etc, nos asuntos do estudantado xa que na práctica toman decisión no nome destos no canto de tomalas o estudantado.

POR UNHA EDUCACIÓN XESTIONADA POR DOCENTES E ESTUDANTES,
POLA AUTOXESTIÓN!

CEL-VIGO